NOZ

luns 20 xuño 2016

Home, non fagas eso

que non é unha noz

pra estrullala, é túa muller

que é ceibe e quere voar contigo.

Home, non traballes tanto

que non cho van pagar

e despois na casa

sofre túa amada, por estar ingrato.

Home, goza na sociedade

en solitario, mentres escondes

a muller pensando que ela non

che vai responder, os teus laios.

Home, unhas copas despois do

traballo e chegas borracho,

pégaslle a muller e faste un orgasmo,

non señas machista por ser macho.

Home, vólvete verde prado

toma herba, que che troque a mente

e debúxalle un bico nos beizos

a túa muller de namorado, e non de alporizado.

Chaia, o sufrir en fogares onde

os homes se creen deuses que poden

dominar o seu semellante coma si foran

mobles pra depositar os seus viciados pensamentos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado