o futbol das mentiras...

xoves 14 xaneiro 2021

remata o silenzo, ábrese a

esperanza día a día, esparrando

polo chan as bagoas que fixeron

de nos, penitencias adscritas, ao divino.

remata a soedade que se esculpía

en saudades vividas, en avatares

egocéntricos, en posición absurdas

que freaban os avances de vivir a vida.

remata un ano, no que o mundo

ía a deriva, porén vai encouzando

os delirios de grandeza, en simpres

procesos de dirimiran en verdades sentidas.

remata o sufrimento, có mundo

padecía, escoitando as mulleres

loitadoras, que vannos ensinando co

que queren a dignidade sen trucadas.

remata que políticos enxeñeiros

das mentiras, váianse coñecendo

día a día as estrataxemas que

usaban, pra que o POVO sufrira.

remata as voces malditas, que navegaban

polo mundo do dor, practicando sobre o mundo animal,

sobre o clima…… coma si con iles non fora nada, eran oídos xordos,

 d@s que loitabamos, os que sentiamos a deriva da terra.






os comentarios foron deshabilitados.