OPEN ARMS

xoves 19 xullo 2018

Esnaquizase un tipo de sociedade

que regulou tempos pasados, perante

moitos séculos e xurde novas ideas

que desenrola cada un dende súa óptica.

O chamado revés que padecemos tod@s

nos agasallos que nos ofrecían coma mero

entretenemento, pra omitir  todo tipo de

animaladas que viamos coma cousas do demo.

A nobreza escorridiza entre epopeas mentais

que recibía ordes ecresiais no batiborrillo de

toledo, exposto as difamacións que había de

introducir no Pobo, pra que o sufrimento fora real.

Descorchar o tapón da historia entre milenios

chegou a soberbia dalgúns, pra que os castigos

infrinxidos ao Pobo foran exemprares e volvan

ao rego de onde non debían haber saído, obvio pensar.

Os tumultos que engroban a raia escura

dos conflitos armados dirixidos dende as

elites da opresión, embargan no ser o seu

propio sentidiño de que o seu pensar era o equivocado.

…. andamos nestas festas de ruptura

emocional, da opresión que nos inculcaban

dende pequenos, con marcas que ían crecendo

cos souvenirs do tempo, que ennegrecían o espírito propio.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado