os morcegos gravaron a indignidade do mundo.

luns 08 xullo 2019

Non levantes a voz

non levantes mais a voz

deixaches de ser macho

deixaches de ser aceite no despacho.

Educadamente deberas entrar

educadamente deberas saír

non te imaxinas o teu ou o voso falar

senón fora que vos controlaba dende o silencio.

Nos relaxamos dende as horas

do espazo perdido dos intres,

nembargantes o saber que estabas

e o mesmo que sentín, que eu tamén estaba.

Non vales mais do que pensas que non vales,

vales mais co que sabemos que vales,

expresas nos teus ollos

o sentir de coma estas ou coma me falas.

Ben as túas mans mais as miñas

falan coma teus ollos cando

me miran, entre as cartas escorridizas,

que boca mais grande fala pequenas frases.

Ledicia…. non esquezas un pasado

que te violou tanto fisicamente

coma mentalmente, séculos,  que co engano

dun deus, padeciches, aletargo da soedade.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado