Pataguillón do espello filantrópico

luns 20 maio 2019

Paxarillos berrar, berrar, berrar,

en liberdade do Pobo esta chegando

ás nubes da esperanza, que envaíñen

as verbas con sonetos espidos ceibes.

Esas miradas, que me miran,

que me falan,

escóitoas en agarimo dun servil

Rapikoque, que afronta un futuro.

Podo cantar, podo soñar,

o mar cos seus silencios

proxectan nosa igualdade

os destinos creados por nos.

A valentía feminina ante as

adversidades foi crucial pra

derrotar o estabrecido que foron

séculos de negativismo na terra.

O enfoque pluriuniversal do mundo

imposto polo positivismo, engrandece

a vida con grans espáridos que

forman curazóns fortes  e indestructibels.

Ledicia…. a alarma ten que soar

en on no positivismo de cada

un, ou unha en forma de movementos

do corpo que corrixan a negación en si.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado