pimentos son
estas soa, soan as campás,
non é morte, vibran os silenzos,
aparecen os medios, non danan
o violín, e a voz que sae fresca e lucida.
móvense as follas, empezan
os tambores das verbas, que
degolan as pisadas malditas,
e enraízan da terra a sabedoría.
os dedos deslízanse polas teclas
dos talos que move o vento
nos bosques das meigas, seducidas
pola luz da lúa, pra brilar as estrelas.
o baixo escoita os ruídos dos vivos
que se moven na natureza
con olfacto e ollos dos espías
que divagan mentiras entre os grupos.
as voces agora , se escoitan
agora no berran, agora acompañan,
os silenzos cá atmosfera dilúe
os pensamentos cá música expresa.
era unha voz soa, agora son millóns
que respiran desagregando nos
bosques os faladoiros dos árbores
que deseñan nos curazóns das letras.