pirófitas

luns 30 outubro 2017

Troco horario ao despertar e

trocáronme a forma dos pensamentos,

acostumado a unha ducha rápida,

agora sinto co tempo e enerxía non dan crédito.

Avalar retóricas impostas

polos testamenteiros que dignifican

o teu futuro, co traballo explotado

significa un esgotamento ao análises periodístico.

Empoar certas fraccións

de tempo perdido, por non

dar respostas rápidas, o diagnostico

sempre remata en malos ouleos.

Un vaso de auga

no intre preciso, apaga a sede

de quen necesita volume

de audio pra recoñecer o escrito.

O sal da colorido

os manxares levados a boca

con inocentes verbas, acordamos

chegar o futuro con versos adscritos.

Aine, rapikoque, os montes

non se queiman sen a man do home

que non ten delicadeza de aprender

e falar coa natureza pra saber cando quere fumar.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado