Piramides

mércores 11 outubro 2017

Despois dun día, que cada vez

son mais apracibles, escórrome

pola vida da amada que impregna

en min unha poesía solidaria.

Despois dun día, en que nomes e apelidos

loitaron perante séculos pra tombar

dinosauros, politizaron a política extrema

con cores onde os sentimentos emerxían da nada.

O sentidiño me leva a xogos sen razón

que na miña mente se fan virtuais

sen chegar a desagregar o cinismo que algunha

vez poden outorgar a pensamentos non reais.

Vexo na túa mirada un soslaio

de esperanza cas verbas me oprimían

na desidia de embargarme nunha poesía

que do seu froito a liberdade fose pra vos.

O sorriso das noites despois de gozar

do día, enchendo de eloxios verbais

a decapitación de mentes escuras e malignas

vólvome a vosos ollos, coma amante, fiel da sabedoría.

Aine, sabes agora cos días felices

chegan cando as ceibes mentes pasan

pola auga co río lévame o mar do

amor que arranxa coa vida, a melancolía.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado