piromanos

venres 20 outubro 2017

Agora afírmome porque suspendín o bachiller,

o “bloqueo” tíñao coa historia, despois

de ver o que estou contemplando,

os galegos choran mentres os demais avanzan.

Rapikoques son meus pensamentos

en días nubrados e chuviosos, onde

a ciencia podía explicar o sentidiño

das cousas sen poñerlle o porén a todo.

Ninguén fala dunha verdade por verdade

din as mentiras que se contan nos medios

xustifícanas, desenrólanas e despois queren

facerche crer ca vida pase en silencios.

Négome a poñer o carro diante os bois

non pola soberbia que puiden chegar a ter

nalgún intre da vida, non obstante no perdo

a cachola por non darlle a razón ós políticos que “temos”.

Vou silenciar a man que quere escribir

de todo menos medo, o que si me podo reprochar

non estudar certas cousas, por non saber de que

lado viña o ar e darlle sentido o Pobo rapikoqueño.

Aine, o positivismo futuro fala da

causa efecto, do desenrolo natural,

da vida un concerto, e do rapikoque

un sentir pleno onde o Pobo saberá a verdade cada cal.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado