Plenilunio

xoves 14 xullo 2016

Estou baleiro de poesía,

se non te miro os ollos

que me falan doses de amor

nun estado de pausa sobrio.

O mar que nos mira

o tenue brillo do sol

que fan da túa silueta

o bastón que lle falla o corazón.

A lúa extremece os cántaros

sedentos dunha loita púrpura

co Pobo canta sorrisos

dunha morriña por vir.

O salitre da vida, enxauga

os beizos que adormecen

as mañás con bicos da espera

que xacen entre os sonos da noite.

O lonxe cas baladas cantaruxan

polo paisaxe relatorial, cos pes

pisan sen estar na mira dun

amor que non vacila ironías.

Aine, en branco e negro adiviño

cas luces non se apagan, senón

que voltan con caraveis nos silencios

que lles damos o mirarnos entre soños.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado