Polbazo....

mércores 09 xaneiro 2019

O Pobo deseña, o Pobo esperta,

o Pobo silencia, o Pobo amence,

o Pobo alerta, o Pobo florece,

o Pobo rapikoca a vida enteira.

Enfronto un solitario dilema na vida

que esconde meu soño, nos derradeiros anos,

que sen ti non florece o xardín que

deseñamos mentres o mundo murmuraba.

O coeficiente de vos,mulleres,

xa non é lavar, pranchar, ou ser a

ignorante que por desidia da hipocrisía

fóchedes a “cona” do mundo ignorada.

Esmago o santo bendicido pola

dicha da verba, que agocha no ser

o medo das bagoas que alimentan

o perdón, do quen nunca aterricei no seu odio.

Experimento hoxe un porvir

moi alugueiro, que verte no camiño

autentico, non erras no goce de ti soa

nin de min, os pensamentos nos uniran un día.

Ledicia…. non é co noso rapikoque nos unha

a nos, e que sen vos, nos somos números

que contamos na táboa, porén con vos

somos números que alimentan cada Pobo ceibe.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado