por un mundo de ledicia.....
que diferenza atopo hoxe en día
entre xente e persoa, segundo
escoitaba a través do tempo
entre barra e barra nocturna.
uns falan da xente coma terceira
persoa, agochándose a súa persoa
coma ególatra , ante a opinión desta,
a charla ía xenerándose coma tal (“ era il…”).
a persoa ignora a xente, faise persoa,(no tempo)
a xente omite as persoas,
as xentes son as sociedades oprimidas, “a prebe”
as persoas son a xente de ben.(viven do conto)
as persoas son intelixentes
as xentes funcionan coma rabaño das persoas
cós enganan, funcionando coma primeira persoa.
ledicia….. testar as verbas dun mundo, fun
comprendendo, que hai listos e parvos
uns traballan pra o receptor a cobranza da “verdade”,
e outros son o resultado das mentiras, coma don de xente…..