Portugal

luns 11 xullo 2016

Irmán que chamas a fala

de igual, que sentes no

corazón verbas co fado

canta ó amor dunha vida.

Manifestacións que choran

aos caraveis imitando luces

de cores que resprandecen

nos silencios da noite.

Almas espidas que abrázanse

conxugando estrañas melodías

que xiran no contorno, do pincel

onde súa sombra maquilla o vento.

Horas de represión, sobre os

corpos desterrados das súas terras

pra alimentar de ignorancia

os poderes que morren no Mediterráneo.

Ferramentas cos antialborotos

empoan ao sufrimento, nos lares

ca raza séntese rei dos estados,

porén rezan á energúmenos piratas.

Chaia, xogan coa túa inocencia

pra clamar o poder que exercen

sobre a reprimenda que queren acusar

a miña concencia neste deserto de loita.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado