Poshexemónico público

mércores 27 marzo 2019

Onde andan os votantes

que se escusan en difamacións

contra o poder dos gobernos

e quedouse no sofá, preguntándose pra que.

Onde están os silencios omitidos

en forma de pensamentos, aniquilan

o fraude mental, depositando o medo

nas conclusións dunha papeleta en branco.

Onde viven os personaxes de fabula

que reprimindo súa sínteses emocional

prefiren seguir no analfabetismo, antes

de que súa nai goberne o Estado.

Onde reciben os sobres financieiros

de moléculas de escarnio, que subyacen

entre o rancor e a negatividade do home

pra sinistrabilidade dun domingo de oxeras longas.

Onde se moven eses mecanismos que faltan

por servir a un deus inexistente, porén

os veciños reducen a pobreza mental

pra arquivar sen destino a aras do feudal.

Ledicia…. todo artista debe estudar

isto e mais, pra comprender cos destinos

trabúcanse porque impiden os sonos a que

a luz entre pola ventá, pra respirar liberdade.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado