pra sempre, mami......

martes 09 marzo 2021

votando contas

cara novembro

do 1959 un ovario

e un esperma

fixeron festa,

nove meses despois

saíu unha criatura

que non ía ser

seguramente o que

querían

porén unha nai

non perde a esperanza

e a base de tesón,

ise bebe empeza a

despuntar entre viaxes

en tren a Madrid,

vai saíndo pra diante

seguro que a loita foi

inmensa, porén entre

a súa forza que lle

imprimiu ao bebe, cada

ano que pasaba, a vida

facíase mais amada,

os primeiros pasos seguro

que foron dolorosos

porén os pés andaban xa,

empezaba os estudos

coma si o dor non lle

afectara

porque sen sabelo as

forzas pra que a dor

non fora unha guerra

eclesiástica entre capela

e “capela”, efectuábase,

a carballeira non falaba

porque a idade

non lle deixaba pensar,

só xugar e pasalo ben,

era o agarimo que lle

quedaba da esmorga,

porén sabía cá nai

tivo que ter unha

gran loita e pacenza,

pra ser onde se realizou.

a vida fixo por causas

do réxime que perante tres

anos se separaran, porén

sabía có “amor” que habían

creado no rapikoque, anos

posteriores, ía se moi forte despois

 de volver a súa casa.

preocupouse de que estudara

e non só dos homes

que oía, entre sillas e mesas

e baraxas… sobre mesas de

mármore pra o dominó, onde

foise facendo, día a día, coma

aprendizaxe cós números

que escoitaba, verbas da

liturxia, que lle quería impoñer

formas de xogar a que se

revelaba.

mentres o mozo crecía

a nai mais as amigas

ensinaban os pantalóns

polo POVO, ao que eu escoitaba

certos comentarios que non

sabían de onde viñan.

iso todo ía gardando

nunha parte da miña memoria.

xunto co aprendizaxe na

cociña, mentres cociñaba,

sen que as verbas brotaran

ente os dous, porén o mozo

ía aprendendo il só,

porén os versos púñaos

a miña nai, despois no prato,

eran manxares que non se

esquecían.

os viaxes a Coruña era

unha gravidez que eu

lle ofrecía, aos seus brazos

fortes uns cantos kg

polas rúas, ata mulleres

lle votaban piropos

que ollos mais bonitos,

supoño que se sentía

con unha ledicia inmensa

!!!despois das loitas que lle fun

carreando!!!

o tempo foi pasando

o bebe, pasou a mozo

e despois a mais mozo,

porén a súa rebeldía

non cesaba, sempre pensei

de que de algún lado a tiven

que sacar, e sempre intentando

respectar , inda que as veces

das “casillas” sacábanme pra non

razoar, ou razoar de mais,

sempre tiven presente

a educación que me ensinaron

tanto meu pai coma miña nai.

non facía falla de que falaran

pra entender cunha mirada

o que me estaban transmitindo,

inda que no intre non me dera

conta, despois coa almofada

razoaba.

así saín rebelde no pasado

e rebelde no presente e ……

coma poeta non podo

expresar o que unha

verba que aprendín

de pequeno dera en min

tanto xogo, coma pra que

a poesía fora miña forma

de expresión pra abrirme

ao mundo distinguindo

o que o “amor”, ensinoume,

e do rapikoque aprendín

que u odio, a envexa,

o racismo, o machismo……

non están nas ensinanzas

que aprendín de meus pais

sobre todo de miña nai,

polo que lle dedico iste

poema cunha flor do

seu xardín.






os comentarios foron deshabilitados.