presupostos participativos

luns 18 decembro 2017

Non nos enganemos señoría

unha copia reproduce un orixinal

e si este e malo e infecta o Pobo

impregna os mesmos defectos, mentir.

Os que sofren as políticas vertidas

por un sistema corrupto, que desvirtúa

o clima, empobrece a terra, diagnostican

infamias que realzan poder na sombra.

O medo chega a cima do cerebro

barallando no Pobo, perfectas crises

pra non perder pola ratonería, os aforros

que perante a vida acumularon.

O capital chama capital e si non

atopa, busca nos aforros do Pobo

sen importarlles de que son

só buscan un xuro pra abastecer o seu.

Os prexuízos evolucionan nas mentes

encristadas por sociedades que evolucionaron

polo traballo dos Pobos, que con seu esforzo

sacaron os fill@s pra ter unha vida digna.

Aine, as trampas co machismo impregna

deixando facer, poren non facendo e

o que as liturxias recitan con verbas

que eles mesmos ignoran sobre o tapete.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado