Río miño

mércores 21 setembro 2016

Cánsome de tanta barbarie

que se desprende polo mundo

sen darlle unha saída a vida

pra remar xunt@s no barco do amor.

Cánsome de políticos que me

oprimen, e me exasperan os sonos

dese futuro, que temos saudade, sen partir

corazóns nos desertos desterrados.

Cánsame de votar, e que o

estatus na sociedade sexa un

delinquir contra o establecido

por falla de pensamentos estatísticos.

Síntome que frecuento o negativismo,

ca xente ten por medo a un positivismo

que emerxe do estatus do mundo

pra asentarse na mente dos pobres.

Ser un analfabeto que escribe

retóricas verbas nun mundo

de enxeñeiros que so miran pra

o billete do seu peto, débeda superimposta.

Aine, coma facer cos solitarios

destellos que se producen nos cerebelos

se fagan virais en terras

que por estupidez, vertebran silencios.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado