Ríos remexidos

mércores 14 setembro 2016

Non vamos a carón dun apocalipses

onde a terra parece xorda

e nos soltamos lastre

pra unha esperanza ceibe.

A semente que prantamos hoxe

crece pra un futuro

en que podamos soñar

entre bicos de veludo.

Oprimimos os do agro

con soldos baixos

mentres enriquecemos

os golfos que nin pra terra miran.

O vento desperdicia seu ar

polos minifundios galegos

despregando as súas ás

pra embelecer o teu corpo do silencio.

Non despexamos unha incógnita

que temos diante dos ollos

nos están consumindo de medo

pra violar as nosas conciencias.

Aine, voltar a un pasado

é o que pretenden por que non

buscan outra realidade mais ca

de empobrecemento do destino alleo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado