Reiniciar a democracia

martes 10 xullo 2018

O despeito capitalista acurralado

por ideas que meten medo, ata  o egocentrista

espalla a súa escoura polos aledaños

do fútbol, pra impoñer a forza a turrada

Encravan aos débiles, vestimentas de homes

ignorantes que se espallaron pola vida

unha cultura machista, que por paso da

servidume de antano coidábanse dandis exponenciais.

Os ventres de aluguer, expostos nunha

sociedade altruísta, onde o que prevalece

non è o estatus de nen@s, senón ter a muller

enfrascada na perversión uterina, do negocio capitalista.

A estratexia é simplista, os homes poetas

ignoraron a faciana pensativa da muller, confundíndoa

con grandes exaltacións da beleza, sen desadotrinar

o seu pensamento de que non eran putis senón humanas.

A verborrea transitoria escrita perante séculos

non describe unha muller real senón que está

sempre nun segundo plano, reprimindo o seu ego

pra poñela coma sedutora ante o poder, e perversa.

…. conclusións futuristas impregnadas da miña

cova de ilustre pensador machista reciclado no

tempo, opóñome a esa liturxia mamada de

pequeno, que nos ensinaron a desmedrarnos polo “sexo”.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado