Republican

xoves 06 abril 2017

Chegas a un remanso

que envolve o Ulla

onde os destinos

enganan a vida.

O medo corroe,

os silencios,

alimentan a desidia

e aparecen as envexas.

Protexer os escarnios

reubicar a soidade ínfima

abaratar a fame cognitiva

e engordar de poesía a sabedoría.

Realzar a partida perdida

para que a vitoria non escureza

os anhelos que brilan

nos paisaxes naturais da mente.

Non nos afanemos en retrancas

que dividen os malos pensamentos

encubramos os lirios de grandeza

que é o Pobo con súa retranquiña allea.

Aine, a forza viral do entorno

que suplanta as mantas de abrigo,

rexeneradas por un oleoduto

de historias disparatadas deste mundo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado