sensualidade

domingo 20 xaneiro 2019

Paseando polo parque

da solidariedade, estórbome

co paisaxe abrupto dos homes

que loitan por non perder seu estatus.

A dignidade non se compra

nin se vende só se transforma

nunha vida sen ataduras que

ofendan unha realidade imaxinaria.

Idealizamos os sentimentos

dos que popularizamos nunha

poesía que te involucra nun todo

que se rí do pasado, que foi orfo.

Sabemos cos doces non son salgados,

si mesturamos na vida os destinos

soñados o pastel volvese viral

na colectividade que desenrola o pensamento.

Movementos logarítmicos expostos

no silencio dunha verba, acórrala

o negativismo impregnado nas mentes

incultas que devoran crueldade.

Ledicia…. aterrar na vida despois

das cadeas impostas, require profundidade

nos actos adscritos a valentía co saber

impón ante dubidas que só o medo fala.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado