SI SE PODE

venres 24 xuño 2016

Amor, non vexo o tempo

que acaricia as estrelas

pra chegar a ti dende as rochas

da muralla ata o mar da espera.

O xurdir poemas entre

carballos e carballeiras

ou terra que piso

na cidade que ama a beleza.

O sentirte cada vez cas nubes

asexan, ou o sol zanfonea,

ou a choiva rega,

é amor que vira entre néboas.

Chegamos a un intre

que mirar pra atrás

non serve mais que as

lembranzas do vivido, sen esquecemento.

O parafrasear longos días e noites

unha imaxe, que corrompe os

mais pensamentos, con dislates

que subliña o poeta en un encanto entreaberto.

Aine, aduzco co noso destino

esta nas mans do Pobo, que emerxe

do fondo dos sentimentos, con verbas que

nós engadimos, os poetas, con moito apego e agarimo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado