silueta de inverno....

xoves 27 decembro 2018

Estado, suxeito pasivo imposto,

que discrimina ao Pobo en beneficio

da plebe, que xestiona o anacronismo das

facianas dos individuos en selos discriminatorios.

Desclasificar o feito da verdade

con verbas inocuas, onde se sabe

que está mentindo porque súa concenza

repite constantemente, é plaxiar a memoria.

A migración é a corrupción dos estados

capitalistas, pra que o Pobo difame

sobre seu ego patriótico, e esvaece a súa

moral en aras da moral que enxerta na sangue.

A revolución non pervive da coherencia

imposta coma tal senón coma o coeficente

intelectual do Pobo a hora de ditaminar

o que é, e o que non é, simpremente a verdade.

Esquecer o pasado, sen esquecer de onde

vimos, de onde partimos nos, é coma agasallarlle

ao mundo unha limpeza da historia, pra que

se sepa das masacres que fixéronse antano.

….a bandeira é coma unha flor que non impregna

cores, senón sentimentos malditos, que rebuscan

na envexa pra ditaminar caos nas mentes,

deixémola unha flor que nunca murcha.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado