Sirenas-Amazonas cara Itaca

mércores 06 febreiro 2019

Ferveu a auga pra o oxíxeno ,

respiro…., encantado pola loita,

porén os pequenos esforzos

 me aturulan os bailes escabrosos.

Éntrame suores

que se expanden por

todo o corpo, coma si

estiveran expulsando os males de todo.

Míroche e arrincónome

que coño teño pra que os

movementos se transvasen a

respiracións, que no fondo afogo os espíritos.

Non retomo un pasado,

porque estou no presente

 porén na memoria escrita

atopamos ao delincuente que féreme.

O sufrir entre as néboas

escondes o respirar de cada día

que non é mais que retrincos

que únense pra curar os sílvidos.

Ledicia…. chegar ao alto da montaña e

respirar fondo , é un pracer de silencios percibidos.

que non é o mesmo que,”a falla de vida”, dos segredos

da humanidade, que agóchanse,  no “amor” de deus.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado