siso

xoves 30 novembro 2017

A man dereita agóchase

a man esquerda desperta

o corpo flúe entre as néboas

e o mundo navega entre correntes.

Os loros repiten e repiten

os Pobos escoitan entre silencios

os ouveos dos lobos

e as frases refrescantes dos paxaros.

As frores relinchan neste inverno

as cóxegas retrotraen populares xogos

que experimentan novas sensacións

a hora de elixir o teu cor no lenzo.

No troque de día pérdome no avituallamento

cando pra enriba despego

o tempo correspondese co alma

escrita que pase pola adiviñanza d@s poetas.

Os astros posicionanse dacordo

a doses de humanidade na que se

involucra a lúa e o sol, respectando

as tarefas diarias da natureza na terra.

Aine, que vulgar seriamos os humanos

cás atrocidades escritas do pasado

non se resolvan, pasado o desequilibrio

da xeada matinal, e desapareza o medo escénico.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado