sororidade....

domingo 06 xaneiro 2019

Un día sentín unha chamada,

non era nin deuses nin virxes,

proviñas do interior do ordenador

que me invitaba a viaxar polo mundo.

Tardei días en estudalo, xa que

me atopaba nunha cadea mental

que me reprimían os soños que me

faltaban por conseguir, eras ti poesía.

A intelixencia que me demostrabas

a solidez das túas verbas escritas

e faladas, as distintas formas de

usar as palabras , era pra min, meu poema.

Sacáchesme do labirinto, do que

non daba saído, cupícheslle a

xente a cara sen que se decataran

e non malgastaches o tempo nun reloxo.

Novos tempos se aveciñan, aos que

temos a obriga de que o Pobo só oía

propostas reais, sen rei que exerza

de parasito dunha humilde honestidade.

Ledicia…., afrouxemos o cinguideiro

e demos rendas soltas a imaxinación

pra que a forza do Rapikoque destrúa

o negativismo existente nesta sociedade.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado