subrepticio

luns 20 agosto 2018

Amañeceu o día sen mirar

o tempo, esquecín a bitola

o paraugas e a zamarra, cando

despertei , a memoria histórica prendíame a mente.

Os desairiños interminabels do fin

de semán  acurralaban a miña estupidez

en forma de arándonos que expulsaba

polo reto, a vixilia que obrigaban de dereito.

A saude apadriñaba o seu estado

de saude en forma de parénteses

xubilaba a súa envexa pecando

sobre o Pobo enviando a trincheira, á morte.

O salitre envolvente desfacía as armas

que usaba contra os seus amig@s o Pobo

unha soa mirada aos ollos dirixía as

pegadas cara casa devolta con empatía.

Era o sono transcrito entre humedais

primaverais, que salientaban a paranoia

de percibir que o Pobo se sublevara

pra sacar as porras coma defensa da indignidade.

…. toda persoa axena as comiñas

que depositaban os de enriba

desfacían as verbas nun espello,

que volvese contra iles en forma de padecemento.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado