Tabú

mércores 02 novembro 2016

Superpostas os goces

da noite, en diluvianas

verbas, onde as mentiras

xurdan novas de escarnio.

Hoxe calamos con tristura

os remuíños dictatoriais

que nos inculcan, na senda

de hipócritas lendas acarunchadas.

Canto é mais fácil non escoitar

e seguir axeonllándose ante

un ser que difama, cuspe

e fai unha ferida no corazón.

A vergoña cun sinte

ante seu ego, que manipulan

e corrompen con sandeces,

desvirtúan a mirada ante a vida.

Ennegrecemos o branco dos ollos

por mor das bagoas que escondemos

e debuxamos de ira interior

os salaios dese mundo que chora.

Aine, vivir a vida se preocupacións

é o que os corruptores ensinan

pra que súas andainas polo furtivismo

non se aprecie nunha sociedade inculta.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado