Tambor

mércores 16 novembro 2016

Remexo o café

mentres visto de seda

os pensamentos que me levan

a ti,ca  forza do entendemento.

Suspiro a enerxía

da vida, có afán

que me produce

bicarte entre sonos.

O corazón se revitaliza

en lares agochados pola ira

ou en paisaxes postos polo belo,

onde es ti unha flor de encantamento.

Pola raíz do tempo

mesturo a mirada entre

ollos que diviso e non te atopo

entre os vaivéns que lle dou ao dedo.

Absorbes toda enerxía

na distancia, manifestándote

no meu cerebelo coma unha ninfa

que te lee en poesía, o verbo do mar.

Aine, a razón do poder estar

e non te ver, e de verte e non ser

o parabrisas da vida

que engule noso amor en feitos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado