Tren de vida

sabado 04 febreiro 2017

Un día non moi lonxano

espertei dun sono e me vin

nunha praza berrando liberdade

e todo meu silencio se transformou en berrar.

Outro día saltei da cama

e me dixen basta xa

vestinme daquela maneira

e á rúa saín berrando si se pode.

Outro día mirei o meu arredor

e só escoitaba quenes son estes

que fan ruído nas rúas

e falan coma cregos.

Na lonxanía da distancia outro día

atopei uns anciáns que choraban

por que non chovía, avíanlle dito

que baixaba a luz e non foi verdade.

Hoxe síntome capacitado pra

ver unha luz baixo o túnel

que nos dirixa entre a néboa

e berrarlle os de enriba que estamos aquí.

Aine, demos a talla, cos nosos

erros, os nosos fillos saberán

ir corrixindo a amalgama de atrocidades

que nos obrigaron facer, por non ter sentidiño.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado