Unha flor pra cinco....

domingo 05 maio 2019

O silencio cada vez era

mais pequeno, os ollos

engrandecíanse con só miradas

que falaban da distancia dos círculos.

O sol resprandecía con ondas

sobre o mar, que acariciaban o saber

do Pobo, e os distintos criterios

que séculos atrás padecían enfermidades.

As bolboretas aliñaban a Aine

con doces voaduras, e belos zigzags

que oprimían ao opresor, con cantos

que alzaban a mundo de cores.

As frores escoitaban as labregas das

fornificacións, a que foron sometidas entre

a terra miúda, que só podían berrar ante

 unha néboa que tapaba a escuridade dos silencios.

Impregnadas de satisfaccións, envolvían

nas saias a rabia de tolerancia inculcada

dende pequenas por un deus que padecía da

verdade, só emitía mentiras, corrupción, e negativismo.

Ledicia….non esquezamos a loita dos Pobos

que baixo a batuta dunhas directores

ensanguentaron a vida de cores revolucionarios

que perdían a dor, por inmensas mareas de sentidiño virtual.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado