Vacacións....

luns 11 novembro 2019

Cheguei coma sempre,

escoitando as túas sandeces

coma cada vez que vou,

ó Pobo que me criou.

Loitei ante a túa ignorancia

só escoitas o que eu falo,

e repites agora coma un casete,

fáltache o teu razoamento.

Intentaches destruír o que

nos custou crear, perante anos

porén os meus sentimentos

non serven billete debaixo da piscina.

Recoñezo que o non estar,

me sentín fora do ser,

porén alguén tiña que poñer

a coherencia a un mundo sen sentidiño.

Ledicia…. o que non estiveras,

lémbrame, que non tiña que estar

eu tampouco, os mandilóns falaron

pra explicar a ignorancia do Pobo racista…






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado