Xaora

martes 31 outubro 2017

Confundido atopábame por

non distinguir as verbas que

me alertabas dos sinónimos

que me mandabas por correo virtual.

Estabas no certo da espera,

que sempre se espera cando a dita e boa,

falan historias que entendían co curazón

chorou pra que o rapikoque fale.

Os cores me blasfemaban con verbas

escuras sobre o lenzo que depositaba

o sentir do rapikoque sobre unha

escultura que emanaba vida, sobre min.

Era esa praia onde a imaxe

se fixo escultura que encheu o

curazón de alma sedutora, onde os ollos

viron todos os cadros expostos ata o de agora.

Os sonos indultados polo Pobo

onde o rapikoque floreceu coma nunca,

antes entenrecera miña mira silenciosa

sobre o mar de sabrosura que aplana meu sentir.

Aine, esperando co sono o fagas

realidade, o Pobo xa falou dos sentimentos

que ambos descubrimos en noites aciagas,

x pensamentos diúrnos, e viaxes produtivos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado