Xihadistas das finanzas

domingo 27 maio 2018

En terras lonxanas atopábame

sobre un pedregal, que  danzaba unha

deusa do arte do baile, non chovía

porén nos meus ollos espallábanse bagoas de ledicia.

A sobriedade coa que estudaba cada

movemento da artista esmiuzaba

o sufrimento que levaba dentro de min

dos silencios albergados na eira do cerebelo.

Era todo un circulo roxo que

referendaba o sentir  por un Pobo,

que engulía das verbas vociferadas

cara o exterior e que ninguén reclamaba certos.

Os pés eran dor, que pisaban a terra

que sufría, e reclamaba dun ser que

se involucrara nunha mensaxe dos

que vían o mesmo dende distintas partes.

Como romper eses silencios cos oprimidos

gritaba liberdade pra un bloqueo infame

que países adulterando o concepto de ceibes

escribían unha páxina negra na mente do deus que profesan.

…. a afinidade miña?, cara os que

están por baixo, ben, falo dos Pobos, mulleres,

e todo aquel que se sinta fora dunha sociedade a que

algúns describen coma escoura arraigada ao padecemento.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado