Zafiro

xoves 01 xuño 2017

Reparto necidades dos traxes

que colócanse con astucia

da man que limpa os residuos

excrementais dos que se creen superiores.

Os recunchos déspotas

que cernen sobre homes

que creen ca muller e mero

orgasmo para lucir en antena.

Os paseos ca vida dá

o longo da vida esquecese

do neno inocuo que amasaba

ideas sen sentidiño do troco climático.

Neveiras recheas de baleiros

alimentos, castigan a poboación

con sedimentos televisivos

que engordan a barriga de suspiros.

Movementos persistentes vencen

lacras humanas deterioradas polos

recursos impertinentes dos raios

frondosos que abrandan as noites.

Aine, resiste das falacias

que embargaron por séculos

as mentiras impostas por un deus

que so escribiu dun  xeito a historia.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado