aliñar

domingo 05 novembro 2017

Non permitíchesme chegar  o teu

recuncho, sen antes pasar por unha

dose de humildade ante os soños que

falan de teu rapikoque de cara a dignidade.

O estar desperto falamos coma laretas

ao estar durmido vemos imaxes cunhas

veces son sobrias e outras descontrolan

a razón, sen saber o porque da vida.

O gozar que me produce a pensar

na silueta que camiña polo fondo de

mar agreste, que deposita nos teus ollos

os meus pensamentos en forma de cores antepostos.

Arranxar descosidos perpetrados

por adultos que lles importa un

carallo que o mundo funcione coma si as armas

foran o seu pasatempos, que parasitos mentais.

Non poñer un cerco invisíbel

a vida, é deteriorar o rapikoque

cá afluencia do Pobo, non pode estar

alimentando, si non se impregna de saude.

Aine, discutir cousas entre nos

e rubirse o pracer de aliñar os astros

que afloran entre aldeas virais, que nos

corrixen cando voltamos a un pasado incorrecto.