Sardana

luns 13 novembro 2017

Cando as ideas esvaian

cando as ideas son xordas

cando a vista non alcanza o horizonte

certa política sofre e se queda coxa.

Da penumbra recollo vocábulos

que na realidade fornece alerxias

a que escoitan ramais provistos das voces

de mando que aturulan os pensamentos.

Perdurar con algoritmos pasados

por vellas historias, descritas

por antigos pensadores, sen darlle

luz os novos sistemas propostos agora.

Afianzarse en poltronas tapando

corruptelas que significan fame

pra os pobres, e riqueza pra  os que

din chamarse do sistema, ¿cal sistema?.

Encarecer os produtos, baixar os

salarios, aumentar as débedas,

ganancia duns que salpican

coa ignorancia do Pobo, os paraísos proscritos.

Aine, falla a verdade, de quen

engana con mentiras, verdades a medias

que nunca se cumpren, porén si

se escoitan entre os parladoiros do Pobo.