A manada

xoves 16 novembro 2017

Entrar no recinto dos secuaces

enganados por homes que cren

nos solitarios con trampas, cando

chegas dáste conta que todo é unha parafernalia.

Adultos homes disfrazados

dun negro avatar que baixo

o seu manto machista, danlle

a volta a violada, coma si fora a vítima.

Sentir a curiosidade de coma

ameazan ao Pobo, poñendo na

orbita deste, o medo pasado polas

guerras e fame negra, porén eles non padecían.

Escuálidos intres, atormentan

as cadeiras, dos que agochados

na Democracia, disparan

ladaíñas coma nos mellores tempos pasados.

Adozar os curazóns, con tempos

que vivimos, onde a loita por unha

vida digna, non se pode agochar nos

silencios do medo, senón na apoloxía da liberdade.

Aine, gozar da masturbación

entre soños emprendidos pola lúa

que aluma os curazóns opostos

a imaxes que envolven os pensamentos.