GURTEL

luns 20 novembro 2017

O xénero especifico que o lubre

argalla, o pasado do tempo, co

presente de cando nos miramos un día

e non volvemos, porén as imaxes recórdanos.

Estabades parados por que vos

sentiades realizados, porén non vos

escoitabades, que facían de vos as

animalias do estado, sen darvos conta.

Si vos volvedes ao tempo pasado

e mirades o que erades naquela época

e vedes o que sodes agora non dades

crédito, son vosos fill@s o realismo.

Non entorpezades a realidade dos que

nos preceden, porque nos somos

almas dun pasado escuro dun silencio

que nos enturbou  un pasado agochado.

Deixemos có futuro non sexa o noso

ego, senón o da xuventude, que non cre

nunha patria guerreira, senón nunha

patria pacifica, sen envexas entre os Pobos.

Aine, deixo nas túas mans

os silencios ocultos que tiveron nosos

devanceiros, e me uno a ti, cun rapikoque

que non silencia un futuro, senón co canta, a liberdade.