NOS

xoves 23 novembro 2017

A terra mesturada coa ledicia

nas sombras das bruxas, nas sombras

dos corvos, nos prantos das tabernas

sufocan vinagre no viño.

Moven os peóns polo mundo

porque é man de obra barata

que deixan a súa pel, polo suor,

nun anaco de pan, pra verter silencios.

A arrogancia dos pais, pra ter fill@s

pra que a Patria rexurdira polas matanzas

entre irmáns, que foron colocando

polas cunetas pra que o medo exista.

O sangue derramado na historia

das civilizacións, terá que repararse

no intre en que unha sociedade adulta

sepa recoñecer o mal feito a vida de moitos Pobos.

A sínteses da raza paria

non existe mais cá nas mentes catetas

que pola falla de educación, basean

súas historias no adotrinamento ecresial.

Aine, de que serve ver coma chora

o mundo vendo catástrofes, guerras, etc….

si despois apoiamos aos que provocan de todo,

con tal de que seu poderes sexa absoluto.