diastema

luns 01 xaneiro 2018

Escoito o latido da choiva

que presume de mollar a terra

engulindo os ollos que alistan

a mirada pra que floreza a sabia.

Abastecer cada noite con voces

de entoación de novas que circulan

por un mundo onde a miseria desdeña

a pulcritude do home que asinte ó dor.

O arrogante encubrimento escorregadizo

de matinais agudezas de anos perdidos

polo paso do tempo incomunicados por

comunicacións que despertaban imaxes nocturnas.

No eido fluía unha fenda

co que a manida saturábame

os pensamentos, non poñía desleixo

a quimera pra formar silepses que non levara o vento.

A hirsuta rascaba a tolerancia

que depositaba a felicidade que me

recordaba a memoria polos vieiros

adornados de salferídas rúas da diáspora.

Aine, che desexo un sol que alumee o teu

curazón pra un 2018 sexa o

rapikoque pra ambos

nun mundo de felicidade, harmonía e dignidade.