Brasil....

mércores 10 xaneiro 2018

Dáslles vida, ignoras obras

que invertes co capital do Pobo,

non tedes responsabilidades

e por encima ingresas pra o peto.

Almacenas riquezas nos paraísos

fiscais de nomes humildes que

poñen o número cun dedo manchado

en tinta dos sistemas corruptos.

Falas de paz, coma a corrupción

encuberta, no teu silencio, que agochas

disparando verbas sobre o Pobo,

de que es o mais honorable da terra.

Perturbas o teu estado de animo

xogando co mundo en estado paranoico

que nos séculos fuches perdendo estados

por pensar nunha supremacía que non che outorga.

Vales o que compras, e compras

o que vendes, porén todo é fume

que leva o vento, e que se volve viral

cando reciclan que todo é unha mentira.

Aine, sortear todo tipo de obstáculos

que impoñen a teu paso é un labirinto

que todos os días tes que ir memorizando

pra non  perderte e voltar a un pasado inhóspito.