Argentina....

sabado 13 xaneiro 2018

As sandeces incrustadas nos

desertos mentais que proporcionan

virus nos cerebelos inmunizados

ao dor, que sofren por padecer unha incultura.

Os reloxos integrantes da paranoia

co tempo aglutina na sobredoses

de traballo, que enraizamos na adrenalina

que deixamos en anos pra cobrar unha pensión.

Os supostos probados da antíteses dunha

nación, son desequilibrios inventados pra

que o Pobo se excite, con quenturas nas rúas

mentres os lobbys fan caixa, pra seu peto.

A ignorancia que temos, e o medo que

nos impoñen en forma de relixións páganas,

procedemos a esquivar cun troco radical

que solvente con gratitude o noso voto na urna.

Estabrecemos coma o principio o medo,

discutimos as falsidades do sistema en si,

e cando se nos abren os ollos emparentámonos

en diferenzas que catapultan o Porvir.

Aine, o sol ten que entrar polas ventas

dos Pobos oprimidos e ir parello coas demandas

que se exerce aos gobernos, pra que non delincan

impoñendo a forza, sobre a chave que necesitas pra subsistir.