América Centro-Sur

domingo 14 xaneiro 2018

É mediodía a sociedade esta

durmida entre potas e comida

colocan a mesa, roxen, roxen, e falan

dunha “vida” que non atorde o seu sistema.

O descanso é eterno mentres sexa

domingo o sofá, espile os sonos

con coloreados praceres que hoxe

me vexo de rei e mañá de lacaio escéptico.

Os teus brazos móvense

entre bambolinas do desexo

realizan frases abastadas entre

paredes que recollen a sabia sen serenos.

O tempo pasa, e un pitillo

regala o extasiado intre da paixón

rebozada de corpos inscritos nos sonos

de recheo que agochaches na túa sinopses.

Un trago de vida somerxese nas

fauces dun premio poeirento de ar

que limpa as neuronas reprimidas

dun letargo florecemento do espazo-tempo.

Aine, non dubides cás animalias

perviven agochadas polos xardíns

enraizando en soberbias do homes

que perden o ser e se volven animais sen cerebelo.