TREN DO PENSIONISTA VITAMINICO

martes 13 marzo 2018

A pirámide existencial do nome, apelidos

dos séculos pasados, esbirra

 do mundo dando reliquias

 sobre o só desquebraxado

que perturba a convivencia

entre os números.

Os movementos turbios

que soio as carballeiras distinguen

nunha románica casa

enlouquecen sombras ambulantes

o seu paso dos invernos fríos

esquecendo os tugurios prohibidos

dos pereir@s que difaman

os seus sombríos.

Os feitos cas velliñas

imploraban polo seu mártir

coidando arredor de si

as lumieiras acendidas

pra  que o calor insufle

ós labregos da terra

o porvir da colleita.

As dirixidas atrocidades

feitas polos ancestros laureados

fidalgos e demais calaña, mirábanse

polas fiestras con espaventos

discursos do froito, en todas

as súas variedades.

O relato dos cumes

envoltos en rexas mentais

moito gozar nas feituras

poil-o que rachar co sentir

da oligarquía estabrecida

e abastecer a terra da

neve salferída.

Despois dunha festa tranquila

con amigos da infancia,

desperto, e vexo imaxes que

me recordan as que vía dos holocaustos….