1M, FESTA MUNDIAL Á FOLGA

martes 01 maio 2018

Non estou sola….

encarceran uns marionetistas por teatro,

secuestran cadros

e unha muller perde súa dignidade,  e acúsana de puta.

Non estou sola….

fóllanos cando dicimos NON

e xustifícano dicindo que esta gozando,

en troco unha riña ou “pelexa”

din que é terrorismo.

Non estou sola….

defenden que hai bombas de destrución masiva

inventan mentiras escandalosas

envelénannos de produtos comestibles

e constrúen de verbas o que realmente non pensan.

Non estou sola….

apadriñan nen@s de países “pobres”

sinálanos coma escoura da sociedade

e nembargante  lúcranse coas armas da súa ignorancia.

Non estou sola….

tapan o seu regocixo chorando a impunidade

vólvense expertos en disuadir o coño

e despois son os primeiros na intimidade en follar con escarnio.

…. que xuíz pode dilapidar a dignidade

cando segundo o que actúa, baixo a lei,

e segundo o non, que pasa por riba a lei,

a hipocrisía dos homes, ¿ pode ser dignidade das mulleres?.