escarpas

venres 11 maio 2018

somerxerse nas inxustizas,

o prato forte do capitalismo,

é a trampa pra actuar con vinganza

esquecéndose da esperanza dos días felices.

A resistencia do ser human

ante as adversidades dun imperio

e reclamar a salubridade dos Pobos

pra poder vivir con dignidade entre tod@s.      

Non estamos sos estamos

acompañados polas multitudes

que galopan por un futuro

das trincheiras da PAZ e DIGNIDADE.

A conciencia de cada individuo

e proporcional a solidariedade

en estados puros, en troco é

inversamente en estados impuros.

O futuro sen ti,

as urnas atópanse coma ocas,

contigo énchense de ilusións

que silencian os opresores.

Esperpento diagnoses plantexamos

nunha vitoria ignorante, só co pracer

da ignorancia do Pobo, por medo

a realidade.