conxuro de bruxas.....
sabado 08 agosto 2020
non somos o touro
que queredes dominar,
somos persoas, que de ancha…..
vida, sabemos estar no mundo…..
sustituíchedes os escravos
nas prazas romanas por touros
drogados, que dende os
arrefeces dos pasados
mares, encubríchedes as mentiras…..
blasfemades verbas sen sentidiño
xa que voso vocabulario empeza
a defenestrarse polas cloacas,
saíndo a flote toda a merda acumulada…..
por si fora pouco, abandonades
vosas nais, tirando ao lixo
o porque estades no mundo, sodes a
sinistralidade patriótica do estornudo…..
Ledicia….. coma se espantan
os espartanos, cada vez cás mulleres
soltan lastre cara devolver a dignidade
aos POVOS, pra que non sexan torturados mentalmente…..