Arde lucus
Onde estabas ti
onde estaba eu
si teus silencios e os meus
estaban agochados no cuarto escuro.
Eles estaban nas alturas
e nos estamos na terra
pisando firme o chan,
eles pisan fantasmas sobre vento.
As muletas disparan sabedoría
os ollos plasman chispas de visibilidade
as orellas ruídos entre as pedras
e a boca linguas analfabetas.
As frases recorridas do dicionario
expulsaban lume sobre a muralla
que rodeaba a historia escrita
dun pasado infernal que recollía o ceo.
Pasado o tempo as portas das cloacas
abríronse pra o Pobo, debuxando
siluetas sobre círculos que dividen
as verbas en locuaces queimas mentais.
Ledicia…. moito tempo tivo que pasar
pra que as frores falen, os diagnósticos
das pedras que asexaban no firmamento
de escoura que expulsaban sobre o Pobo.