Asolagar

luns 22 maio 2017

Retorzo os anos inculcados

polo paso do tempo,

pra esmergulharme no novo século

onde te vistes coma flor da primaveira.

Necesito dar paseos

por desertos pedregosos

que me ensinen a sabia

do teu corpo, dos limites do sufrimento.

Engordo unha barriga

seducida por un anacronismo

que avala o logaritmo que

entoa o polifacético xurdir do mundo.

Entrar en teu reduto

sedento de amor

prende o fogo

que alumea o porvir do corazón.

O trasfego que sitúa o amencer

das verba escrita non dita

polo Pobo, por medo o alacrán

que rompe as vestiduras indignas.

Aine, acarunchar as vertentes,

cunha gota de auga seduce a sede

do territorio que chora liberdade

entre as areas perdidas da vida.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado